https://www.facebook.com/marta.rioscortes?fref=ts

MUNDOS CONTADOS

Unha atractiva viaxe que nos fará pensar en que planeta vivimos, poñendo de releve os aspectos diferenciadores das distintas culturas do mundo.

Dín que cada persoa é un mundo, pero Samba, a nosa protagonista, garda varios mundos dentro dela.

Din que a Terra tamén é un mundo, pero si nela viven milleiros e milleiros de persoas, daquela a Terra son milleiros de mundos diferentes.

De entre todos eses mundos, Samba vai escoller uns poucos para contarnos as súas historias.

Son, polo tanto, mundos contados, mundos que existen desde hai moito tempo.

Algúns permanecen, outros non, o que si conservamos son os seus contos. Xa se sabe mentres hai memoria hai esperanza.

Espectáculo de narración oral, moi asequible para pequenos espazos non teatrais.

 

Ficha artística

Autor: Marta Ríos
Dirección: Paula Carballeira
Elenco: Marta Ríos

 

Ficha técnica

Idioma: Galego
Duración: 50'
Xénero: Comedia
Idade recomendada: de 4 a 11 anos

_