O servidor de dous amos. 2018-19
> FICHAS DE OBRAS REALIZADAS
Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.
Recargar
|
21-08-2020 11:47:18
|
O SERVIDOR DE DOUS AMOS
|
Respetando o espíritu da Commedia dell`Arte oito intérpretes desenvolverán en escena un espectáculo onde todo será posible, no que a mentira e a confusión serán a base do xogo e os distintos espazos mudarán á vista do espectador, para rir de todo e de todos, ata de nós mesmos.
|
|
15-03-2017 10:54:29
|
UBÚ REI |
Tantas veces visitado o Ubú Rei de Alfred Jarry, desta vez poñemos os ollos para miralo desde o porto de Belfast, nunha versión que pretende conservar a distorsión sintáctica do orixinal e o seu carácter inxenuo e profundamente teatral.
|
|
02-12-2015 13:36:14
|
SOPA DE SAPO |
Unha divertida comedia, pensada para público familiar, que nos mergulla nos contos tradicionais de bruxas e feitizos. TALÍA TEATRO. Autor: Artur TrillO. Dirección: Artur Trillo
|
|
02-12-2015 16:09:26
|
PEQUENA |
Un espectáculo dirixido a público infantil, para descubrir o grande que pode ser alguén pequeno e o pequenas que poden chegar a ser as grandes cousas, que case non ocupan espazo.
|
|
02-12-2015 16:55:40
|
CARTA URXENTE PARA MÁXIMO TOXO |
Un espectáculo áxil e divertido, dirixido a público infantil e que pon en valor a amizade a través dunha estética expresionista.
Máximo Toxo, gran escritor, aínda que pouco coñecido. Vive pechado na súa casa, buscando acadar a obra perfecta, o libro polo que será recordado eternamente (e que lle permitirá pagar as súas débedas).
|
|
02-12-2015 16:20:56
|
MUNDOS CONTADOS |
Unha atractiva viaxe que nos fará pensar en que planeta vivimos, poñendo de releve os aspectos diferenciadores das distintas culturas do mundo. Dín que cada persoa é un mundo, pero Samba, a nosa protagonista, garda varios mundos dentro dela.
|
|
02-12-2015 18:10:08
|
VOLPONE |
Unha divertida comedia que retrata satíricamente a nobres e non tan nobres señores, que teñen como principal interés reunir fortunas sen importar o rídiculo que teñan que facer nen o custo que outros teñan que pagar.
|
|
02-12-2015 18:30:30
|
E TI QUÉN VÉS SENDO? |
Que pasaría se, de súpeto, alguén ocupase o teu lugar na vida? Pero non alguén en xeral, senón unha copia exacta de ti mesmo, que coñece ata os máis íntimos detalles da túa vida. Como demostrar que un mesmo é o "auténtico" cando o "outro" é idéntico a un mesmo? Este é o arranque da peripecia do Anfitrión de Plauto, revisitada en clave actual por Cándido Pazó.
|
Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.
Recargar
2007. Quero ser grande de VV.AA. Compañía: Talía Teatro. Dirección: Artur Trillo
2006. O merlo branco de Cándido Pazó. Compañía: Talía Teatro. Dirección: Artur Trillo.
2006. Circolar (A Cultura Circula). Compañía: Berrobambán. Dirección: Chiqui Pereira.
2006. Esperando a Godot de Samuel Beckett. Compañía: Talía Teatro.Dirección: Roberto Salgueiro.
2003. Eu así non xogo de Artur Trillo. Compañía: Talía Teatro. Dirección: Artur Trillo.
2002. Supermáis de J.M. Benet i Jornet. Compañía: Talía Teatro. Dirección: Artur Trillo.
2000. Menos lobos de Artur Trillo. Compañía: Talía Teatro. Dirección: Artur Trillo.
Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.
Recargar
2011 - Premio MARÍA CASARES. Mejor actriz secundaria por Volpone (Talía Teatro)
|