https://www.facebook.com/marta.rioscortes?fref=ts

E TI QUÉN VES SENDO?

Que pasaría se, de súpeto, alguén ocupase o teu lugar na vida? Pero non alguén en xeral, senón unha copia exacta de ti mesmo, que coñece ata os máis íntimos detalles da túa vida. Como demostrar que un mesmo é o "auténtico" cando o "outro" é idéntico a un mesmo?

Este é o arranque da peripecia do Anfitrión de Plauto, revisitada en clave actual por Cándido Pazó. Anfitrión e o seu escravo Sosia son suplantados polos deuses Xúpiter e Mercurio mentres están na guerra. O motivo deste engano é o desexo amoroso de Xúpiter por Alcmena, a muller de Anfitrión.

 

 

Ficha artística

Autor: Cándido Pazó
Dirección: Cándido Pazó
Elenco: Toño Casais, Artur Trillo, David Creus, Dani Trillo, Marta Ríos, Rosi Barcala, María Ordóñez, Diego Rey, Gustavo G. Dieste y Xurxo Barcala.

 

 

_